Acabadas as obras nas instalacións deportivas dos colexios de Barouta e Agro do Muíño

259

Os centros escolares CEIP de Barouta e CEIP Agro do Muíño xa contan con pistas polideportivas aptas para a realización de actividades docentes, de conciliación e deportivas, logo da reparación levada a cabo pola concellaría de Educación no marco do Plan de Mellora de patios escolares do Concello. O plan contemplaba, ao longo do ano 2021, a reparación dos pavillóns dos centros escolares de Barouta e Ortoño, cun valor de execución de case 35.000 euros.

As actuacións realizadas consistiron no acondicionamento do terreo, na limpeza con auga a presión do pavimento, os revestimentos interiores, pulidos e pintado de liñas. Segundo David Santomil, concelleiro de Educación, “as obras responden á necesidade de ter o pavimento en boas condicións para a actividade docente, os programas de conciliación e práctica deportiva escolar e extraescolar que realizan o centro escolar, o Concello de Ames, clubes deportivos e ANPAS”.