Acción contra a violencia sexual o sábado na Praza da Maía

219

A Concellaría de Benestar Social colabora coa Secretaría Xeral de Igualdade, da Xunta de Galicia, na campaña “AgresiónOFF. Eu digo non á violencia sexual”. Deste xeito, este sábado, 21 de novembro, de 16.00 a 21.30 horas, un stand deste programa estará situado na praza da Maía, en Bertamiráns. Tratase dunha campaña que se enmarca no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a través da cal se trata de informar e sensibilizar a veciñanza para loitar contra esta lacra. A intervención desenvolverase mediante a instalación dun stand de madeira, na que se promoverá a realización de obradoiro durante 6 horas e media.

En dito stand ofrecerase á cidadanía participar en diferentes obradoiros de sensibilización para todas as idades e actividades lúdicas, sempre cumprindo con toda a normativa de prevención contra a Covid-19.

As actividades están divididas en áreas de traballo con contidos concretos co obxectivo de sensibilizar á poboación contra a violencia sexual. Así, os talleres que se levarán a cabo para o público adulto titúlase “Canto de estereotipada está a túa mente?”, que consiste en escoitar e reflexionar acerca de diferentes mensaxes que poden inducir, moitas veces de xeito inconsciente, a pensamentos estereotipados ou “A ruleta do amor romántico”, un xogo interactivo que consiste en facer xirar a ruleta dos mitos sobre o amor romántico. Cando esta se pare nun mito en concreto, a persoa que xoga debe argumentar o que pensa sobre a frase que corresponda.  Ademais, realizarase a actividade “Non me contes contos” na que, a través dun televisor, proxectaranse diferentes fragmentos de contos, fábulas, refráns e ditos populares para mostrar a importancia da información que se recibe ese transmite.

O programa do stand completarase con “Onde está o límite?”, para debater sobre a delgada liña que separa unha relación aparentemente sa dunha relación tóxica ou “Eu non necesito #filtros”, no que diferentes espellos, que deforman, transmiten mensaxes que invitan á reflexionar acerca da imaxe que se transmitir nas RRSS. Así, preténdese xerar un clima de reflexión que contemple a autoestima e a valoración persoal coma o eixo principal para construír relacións socio-afectivas saudables. “Estás seguro@ depremer o botón de enviar?”, na que Os/as participantes deberán decidir, coñecendo previamente os riscos e as consecuencias do sexting, se envían ou non, de xeito hipotético, o contido vinculado a esta práctica e“Kahood da igualdade. Xogo tecnolóxico on line”, no que se responderá a diferentes preguntas “on line” en directo sobre a violencia de xénero, comprobando ao momento quen acada a puntuación máis alta en cada partida. 

Actividades infantís

Ademais das actividades para adultos, haberá tamén para os máis cativos, así como dúas propostas a maiores que complementan todas as actividades anteriormente citadas. Co “Tótem do sexismo”, os nenos e nenas, guiados polas persoas informadoras do stand ou polas súas familias, deben decidir se as accións que aparecen (bailar, cociñas, xogar ao fútbol…) son de nenos, de nenas ou de ambos. Con esta actividade preténdese combater os estereotipos e o sexismo dende a infancia. Na actividade de “Verdade ou mito”, preténdese desterrar ideas erróneas sobre a violencia de xénero e as agresións sexuais e na “Adiviña a adiviñanza… quen está detrás de cada frase?”, propoñeranse frases asociadas a profesións que os/as participantes deben identificar segundo sexan ditas por unha muller ou por un home, e razoar o porqué. Por último, coa iniciativa “ampliemos o decálogo contra a violencia sexual”, animarase aos/ás participantes que se acheguen ao stand a engadir algunha indicación máis que complemente ás xa recollidas no mesmo.

“A información está ao alcance da túa man”

Baixo o título “A información está ao alcance da túa man”, habilitarase un espazo no stand onde, a través de códigos QR, os participantes poden acceder á información relacionada co programa, como o portal de Igualdade, os enlaces de descarga da APP AgresiónOFF, números de teléfono da muller.

Ao longo da xornada, distribuiranse flyers co ‘Decálogo contra a violencia sexual: 10 cousas que tes que saber’ en galego, castelán e inglés, así como merchandising cos logotipos de programa.

A rede de entidades locais contra a violencia de xénero creouse en 2012 a través dun convenio de colaboración asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Na actualidade hai 211 municipios adheridos, entre eles, o de Ames,  que impulsan, en coordinación coa Administración autonómica, accións de sensibilización e concienciación contra a violencia de xénero, como o stand que se pode visitar hoxe en Outeiro de Rei.