Achégate á Igualdade acada a súa XII edición

321

As Xornadas Achégate á Igualdade, que organiza a concellería de Benestar Social amesá, acadan este a no a súa décimo segunda edición. Celebraranse o xoves 1 de decembro na Casa de Cultura de Bertamiráns, de forma gratuíta e con aforo limitado. As xornadas diríxense a todo o público interesado, dende profesionais da área ata público xeral, pasando por educadores e educadoras, docentes, área da psicoloxía, da orientación, profesionais da administración pública, pais e nais. Só é necesario inscribirse escribindo a achegate22@gmail.com indicando nome, apelidos e forma de asistencia: presencial ou streaming.

Programa completo das xornadas.

As Xornadas, celebradas coincidindo coa conmemoración do Día Internacional de Elimin, abordarán temas como o das adolescencias e sexualidades: influencia do inconsciente pornográfico; o coidado das persoas vítimas de violencia de xénero dende diferentes ámbitos profesionais; e construíndo un mundo sen violencia sexual: ética e estratexias feministas.

Contarase con distintas profesionais como Vanesa Rodríguez Pousada (psicóloga e sexóloga), Concepción Rodríguez Pérez (terapeuta do programa de atención psicolóxica a mulleres que sofren violencia de xénero), Chus Olivares Rodríguez (traballadora social feminista), e Amelia Tiganus (activista e escritora feminista). Nesta xornada tamén se contará co persoal do Centro de Información á Muller de Ames (María Teresa Arufe, directora do CIM, e Mónica Antelo, psicóloga do CIM), así como co coordinador e coordinadora de programas de prevención de “coidadosÁmente”, Juan Carlos Permuy e Belén Montesa.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Luísa Feijóo, explicou que “esta edición volve coa esencia coa que naceron estas xornadas. Engadiu que “son unhas xornadas pensadas dende a casa, xa non só porque vai a participar o noso persoal do CIM e ademais contamos coa presencia e dirección técnica da equipa de coidadosÁmente, que xa levan cinco anos traballando en Ames desenvolvendo programas de prevención e de igualdade, senón porque se van a tocar temas que tanto dende o CIM, como no traballo que se desenvolve nos centros escolares vemos que están afectando directa e negativamente á igualdade. Trátase de informar, sensibilizar pero sobre todo de buscar a reflexión e o debate sobre estes temas concretos”.