A empresa Urbaser, concesionaria do servizo, chegou a un acordo co persoal da limpeza viaria e xestión do punto limpo do concello de Ames. Deste modo remata unha folga indefinida que se estendeu por 15 días e levou ao alcalde a esixir onte mesmo que se retomasen as negociacións. A folga finalizou tras unha asemblea onde as e os traballadores coñeceron o preacordo negociado entre a CIG e a empresar adxudicataria.
Este acordo recolle o pagamento único non consolidable á sinatura do convenio por unvalor de 650 euros. Ademais, a paga extra de outubro igualarase co resto, o que representará importantes subas salariais.
Ademais, o documento recolle dez horas anuais para acompañamento médico a familiares en primeiro grao, ata sete días de asuntos propios e novas contratacións para festivos e domingos.