Activa Ames Verán ofrece ioga, taichi ou marcha nórdica

91

O Concello volveu pór en marcha o programa Ames Activa Verán, unha adaptación estival do Ames Saudable. Ofrece sesións guiadas de ioga terapéutico, taichi tradicional, chi kung e marcha nórdica. Desenvólvese do 3 de xullo ao 31 de agosto. As actividades son gratuítas e non precisan de inscrición previa.

Así, os días 3, 5, 10 e 12 de xullo haberá ioga terapéutico no Milladoiro; mentres que en Bertamiráns ofrecerase a actividade os días 4, 6, 11 e 13 de xullo, sempre de 11:30 a 12:30 horas. É preciso que os participantes leven a súa esteira propia.

Por outro lado, as sesións de taichi tradicional e de chi kung terán lugar os días 17, 24 e 31 de xullo no Milladoiro e 18, 20 e 27 en Bertamiráns. O horario será, de novo, de 11:30 a 12:30 horas.

Para rematar, en agosto desenvolverase a actividade de marcha nórdica, “Camiñando no solpor”. Será os días 10 e 24 no Milladoiro e 17 e 31 en Bertamiráns. As persoas que precisen bastón para participar poden solicitar o seu préstamo de xeito gratuíto a través do enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal.