Ames Saudable convida a unha viaxe a través da música, a mover o corpo, respirar, divertirse e traballar o benestar a través dunha serie de actividades para realizar de xeito individual ou en famila, ao aire libre. O obxectivo é traballar a saúde física e emocional logo dos meses de confinamento e da desescalada. A actividade farase en grupos reducidos, polo que as prazas son limitadas. É preciso respectar as normas de seguridade e hixiénicas durante a mesma.