Adxudicada a mellora da piscina descuberta do Milladoiro

159

A piscina municipal do Milladoiro será obxecto dunhas obras de mellora nas que se colocarán novos novos materiais impermeables nos vasos das piscinas e as novas instalacións de filtrado e depuración. A intervención adxudicouse en Xunta de Goberno á empresa Área Proyección, Construcción y Servicios, S.L.U. O orzamento será de case 77.000 €.

As obras inclúen a instalación dun novo valado de paneis de malla metálica de dous metros de altura arredor de toda a parcela. Tamén se cambiará o pavimento no acceso oeste, nivelando o terreo na zona arborada e colocándose baldosas de granito.

Por outra banda, melloraranse e reparanse as ferramentas de filtrado e depuración. Ademais, instalarase un equipo automático de clorado e sulfatado de auga, cun regulador de PH automático para a piscina e a auga potable dos vestiarios. En canto aos muros dos vasos das piscinas, contarán cun novo revestimento de mellora da impermeabilidade.

O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que o proxecto “supón unha importante mellora das instalacións da piscina municipal do Milladoiro”, a máis empregada do Concello. Salienta a concelleira de Deportes, Susana Señorís, que estas obras son un reclamo veciñal dende hai tempo.