O Concello construirá unha senda peonil entre Lapido e Maguxe, en Ortoño. A Xunta de Goberno local aprobou a adxudicación á empresa Mantido SL por uns 200.000 euros. O proxecto busca mellorar a comunicación entre ambos os dous núcleos e axudar á drenaxe e mantemento do camiño.
As obras incluirán a creación de dous treitos de formigón nas marxes da vía, de 950 e 230 metros de lonxitude cunha anchura media de 1,8 metros.
O alcalde e edil de Obras, Blas García, explica que o Concello procura garantir a seguridade viaria con obras deste tipo.