Adxudicadas as obras das rúas Fragua e Xunqueira de Bertamiráns

0
43

O Concello anunciou hoxe a axudicación das ovas de pavimentación das rúas Fragua e Xunqueira, na contorna de Cantalarrana (Bertamiráns) á empresa Explotaciones Gallegas SL. Estas obras, incluídas no POS 2020, incluirán a mellora do pavimento, a execución dunha cuneta de 60 metros de seguridade e a colocación de catro sinais de stop. O orzamento é de aproximadamente 58.000 euros e durarán seis meses.

A superficie total da obra incluirá 1975 metros cadrados nos que se mellorará a capa de rodaxe con seis centímetros de aglomerado en quente, ademais de dous treitos de 435 e 55 metros de lonxitude.

Blas García, alcalde de Ames, promete que o Concello mellorará os viais desta zona da contorna de Cantalarrana para “organizar mellor o tráfico dos vehículos” e “favorecer a mobilidade peonil”.


DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here