Adxudicadas as obras de pavimentación de viarios no núcleo de Cortegada por 203.679 euros

67

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do proxecto de pavimentación de viarios no núcleo de Cortegada, pertencente á parroquia da Ameixenda, por un importe de 203.679,23 euros.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que “coa adxudicación desta obra na parroquia da Ameixenda seguimos avanzando coas actuacións do POS+ 2023 e continuamos cos arranxos dos interiores de núcleos do rural. As actuacións que se van executar están encamiñadas á mellora da pavimentación dos viarios do núcleo de Cortegada, así como dos seus accesos. Esta obra súmase a outra recentemente adxudicada no núcleo de Mourigade, en Bugallido. Nestas dúas obras vanse investir 371.314 euros”.