Adxudicado o acondicionamento da Avda. da Peregrina por case 78.000 euros

As actuacións contempladas no presente proxecto están encamiñadas á mellora da capa de rodaxe da AC-544, así como ao restablecemento das súas características resistentes e de acabado superficial nunha lonxitude aproximada de 610 metros. Trátase da avenida da Peregrina, concretamente do treito que comprende dende a intersección coa avenida da Maía ata a rúa do Bosque. 

A adxudicación desta obra complementa os traballos levados a cabo na avenida da Peregrina coa creación do carreiro escolar.

O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “as sucesivas reparacións do pavimento levadas a cabo na calzada da avenida da Peregrina provocaron a elevación da súa rasante, polo que é moi necesario executar estes traballos de acondicionamento da capa de rodaxe. O Concello quere mellorar tamén a seguridade de todo o tramo desta vía, e en especial do entorno do CEIP da Maía e do IES de Bertamiráns”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *