A parroquia de Agrón celebra as festas en honra de San Lourenzo, o Santísimo Sacramento e o San Roque entre este xoves e o sábado 12 de agosto no campo da festa. As celebracións arrincan o xoves coa misa solemne á unha do mediodía e a sesión vermú a cargo da orquestra La Favorita. Á noite haberá verbena coa mesma orquestra e a disco móbil Chocolate.
O venres 11 á unha do mediodía terá lugar unha misa cantada pola coral Lojo Batalla de Tapia, coa colaboración do Concello de Ames a través do Música nas parroquias. A continuación celebrarase a sesión vermú co trío Alborada, que repetirá á noite acompañada pola disco móbil CDC.
O sábado péchanse as festas coa misa de San Roque e a sesión vermú do dúo Reflejos, que tamén actuará á noite xunto á discoteca móbil Premium.