O Agrón CF gañador da liga 3ª Autonómica

O Agrón CF está inmerso no 25 aniversario do seu nacemento.

2761
agron-cf-vitoria-liga

O clube está inmerso no 25 aniversario do seu nacemento

O clube de fútbol de Agrón coronouse como gañador da liga da 3ª Autonómica do grupo 5 e finalmente ascende na próxima tempada a 2ª Autonómica. O partido xogado onte contra o Cruido AD que rematou con empate (0-0) fixo posible que o Agrón puidera acadar o seu máximo soño; gañar a liga.

Precisamente o clube está inmerso no 25 aniversario do seu nacemento e esta vitoria supón o remate final a unha tempada chea de éxitos no que é o primeiro campionato gañado na historia do clube.

Os de Sergio Fernández volverán a próxima tempada na 2ª autonómica na que esperan seguir gañando e poder demostrar a valía do Agrón CF.

Agrón CF: Adrián Crespo, Raúl Tuñas, David Ferreiro, Diego Rama, Iván Pérez, Ariz Rodríguez, Felipe García, Miguel Senín, Jorge Martínez, Ezequiel Paris e César Gómez.

Árbrito: Joaquín Rivas de la Fuente

Goles: 0 – 0

Campo: Cepelo – Negreira