Agrón comezará as súas festas mañá

585

Este xoves xa comezan as últimas, as de Agrón, cunha misa cantada ás 12:00 horas

Durante os tres días, haberá misas cantadas e varias actuacións musicais. O xoves conmemórase o día de San Lourenzo, o venres o do Santísimo Sacramento e o sábado o de San Roque. As festas de Agrón son sempre nestas datas (10, 11 e 12 de agosto), independentemente do día da semana no que caían.

En Galicia, o mes de agosto está repleto de festas. En Ames, a situación é semellante, coincidindo na mesma fin de semana as festas da Peregrina e as festas da parroquia de Agrón. Así, este xoves xa comezan as últimas, as de Agrón, cunha misa cantada ás 12:00 horas. Ese día, no que se conmemora o San Roque, a sesión vermú correrá a cargo do trío Unión y Fuerza, que tamén estará actuando pola noite, a partir das 22:30 horas, xunto ao grupo Atenas.

O venres, 11 de agosto, a festa faise na honra do Santísimo Sacramento. Ás 12:00 horas haberá unha misa cantada e, posteriormente, terá lugar a sesión vermú coa orquestra Ciudad Cristal. Á noite, tamén a partir das 22:30 h, actuará esta orquestra acompañada do Trío Máster. O sábado, día de San Roque e última xornada das festas, haberá tamén unha misa cantada seguida da sesión vermú da man da orquestra Imperivm, que estará tamén pola noite xunto ao solista Compota y su Ricura. O campo da festa contará con cantina e aparcadoiro para deixar os coches.