Aixa Romay nas Noites na Terraza no Milladoiro

613

A solista Aixa Romay é coñecida, fundamentalmente, por ter sido unha das finalistas, en 2013, do programa de televisión Tú si que vales

A finalista do programa televisivo Tú si que vales en 2013, Aixa Romai, estará esta noite a partir das 21:30 horas na terra da churrasquería La Llama, no Milladoiro. O concerto encádrase dentro do programa Noites na Terraza.

A solista Aixa Romay é coñecida, fundamentalmente, por ter sido unha das finalistas, en 2013, do programa de televisión Tú si que vales. Porén, a súa carreira musical é ampla: obtivo o primeiro premio na categoría de interpretación do Festival do Landro, en Viveiro, e na categoría de canción inédita do mesmo festival; foi a gañadora do Festival da Canción de Ordes e do Festival da Canción de Padrón; conseguiu o segundo posto no Festival da Canción de Meaño e tamén no de Xallas; foi finalista do casting de Operación Triunfo na súa segunda edición e concursou nos programas La Batalla de Los Coros e El Número Uno.

Este venres, 4 de agosto, Aixa Romay estará na terraza da churrasquería La Llama dentro do ciclo Noites na Terraza. Un ciclo que pretende dinamizar o sector hostaleiro do Milladoiro e animar as noites de verán, co obxectivo de que a veciñanza goce do seu tempo de lecer mentres que escoita actuacións de grupos galegos.