Alerta amarela por tormenta ao longo do día de hoxe

0
74

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interor alerta hoxe de tormentas no interior e oeste da provincia da Coruña, logo da alerta da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). A previsión é de comezo ao mediodía do día 24 e de remate cara á noite.

O aviso significa que na zona afectada prevense choivas ou ventos localmente fortes ou saraiba inferior a 2 centímetros. Dado o carácter deste fenómeno poden producirse tormentas puntuais de maior intensidade.

Ames e os seus municipios limítrofes atópanse dentro da zona de alerta.

DEJA UNA RESPUESTA

Please enter your comment!
Please enter your name here