Alerta amarela por tormenta en Ames e todo o interior da provincia

130

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia informou onte de fenómenos meteorolóxicos adversos para o día de hoxe, xoves 2 de xuño, en Ames e boa parte das provincias da Coruña e Lugo. Concretamente, a alerta é amarela por tormentas durante todo o mediodía e tarde, entre as 12h e as 21 h. As tormentas poden ir acompañadas de saraiba. Prevense choivas e ventos fortes.