O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organizou este domingo, 9 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League.
Nesta proba que se desenvolveu no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participaron os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. O piloto amesán, Alex García, gañou en categoría elite. Na categoría de féminas a gañadora foi Aroa Castromán Figueira. Na categoría de 50cc impúxose Enzo Outón Pereira; na categoría 65cc o gañador foi Thiago Rodríguez; na categoría 85cc gañou Iván Vidal Pérez; na categoría amateur o campión foi Manuel González Rodríguez; e na categoría pro o mellor piloto foi Román Pérez, que foi campión de España e Portugal. Participaron 51 pilotos repartidos en sete categorías, dos cales remataron 48.