Ames acolle o foro “La España despoblada” da Cadea SER

120

A Cadea Ser organiza mañá en Ames un foro sobre “La España despoblada”. A iniciativa pretende analizar as necesidades de conciliación no rural, así como medidas que se toman nos distintos concellos e os desafios das administracións máis pequenas e próximas aos cidadáns. “La España Despoblada” proporá alternativas para fixar poboación desde o décimo segundo concello máis poboado dos 313 de Galicia. O foro, sinalan dende o Concello, recoñece que Ames se trata dun “referente en políticas de conciliación”.

A actividade celebrarase mañá, xoves 27 de outubro. Abrirá o programa a xornalista Macarena Berlín, tras a cal intervirá o alcalde, Blas García. Ás 10.15h comezarán as mesas redondas e relatorios nos que destaca a presenza e intervención, entre outras persoas, do conselleiro do Medio Rural, da Xunta de Galicia, José González Vázquez, do alcalde de Dodro, Xabier Castro, do alcalde de Ames, Blas García, do secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, e do subdirector de Mobilidade de Terras da Xunta de Galicia, Alfredo Fernández Ríos.