Ames acolle a primeira xornada formativa do TEA

Os obxectivos desta xornada son informar sobre o grao de coñecemento que os traballadores das institucións culturais teñen sobre o TEA

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o vindeiro sábado, 20 de maio, a primeira xornada formativa sobre o trastorno do espectro autista (TEA). Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a todos os públicos, na que se abordarán os recursos para a inclusión socioeducativa das persoas que padecen esta doenza. As inscricións pódense realizar ata o 15 de maio a través da páxina web www.culturizatea.es A finalidade desta xornada é a de promover a sensibilización e formación dos traballadores das institucións culturais para que poidan facilitar a inclusión social das persoas con TEA nas bibliotecas, nos museos, nos centros educativos e na universidade.

O investigador Marcos Pinaque Varela poñerá enrriba da mesa os resultados da súa investigación financiada pola Deputación da Coruña. Preténdese dar resposta á pregunta, que saben os profesionais dos centros público culturais da provincia da Coruña sobre o autismo?

Os obxectivos desta xornada son informar sobre o grao de coñecemento que os traballadores das institucións culturais teñen sobre o TEA; promover a sensibilización e formación de ditos traballadores para a inclusión social das persoas con TEA; crear un espazo de intercambio de información sobre boas experiencias e recursos para a inclusión das persoas con TEA nas bibliotecas, os museos, os centros educativos e a universidade entre diferentes profesionais; e favorecer un encontro entre diferentes institucións (bibliotecas, centro educativos, universidades e museos), procurando, en conxunto, formular propostas de inclusión, equidade e igualdade.

Nesta xornada, que organiza a Concellaría de Educación e Cultura, colaboran a Deputación da Coruña, as Universidades de Santiago e A Coruña, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, Nova escola Galega, Autismo Galicia, Grupo de Investigación Stellae, Arcea Adames e a Rede de investigación en educación e formación para a cidadanía e a sociedade do coñecemento.