Ames acolle unha Tribuna Académica hispanolusa de cidades e comunidades sostibles

157

Ames será a sede da primeira Tribuna Académica de cidades e comunidades sostibles do noroeste peninsular. O evento terá lugar o próximo 24 de febreiro no Pazo da Peregrina Bertamiráns, reunindo poñentes de España e Portugal. A xornada xira aredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. Colaboran na mesma o Concello, a USC e a Universidade do Porto.

O modelo de xestión dos programas municipais de conciliación, a compra pública de produtos de proximidade, a redución de residuos e a compostaxe son algúns dos temas a tratar. Cambio climático, descarbonización e mobilidade sostible están tamén sobre a mesa. Todos asuntos, salienta o Concello, “compostaxe, a loita contra o cambio climático, o proceso de descarbonización e a mobilidade sostible, que fan de Ames un referente nas políticas públicas municipais do noroeste peninsular”.

Hoxe tivo lugar unha reunión de coordinación coa participación de David Santomil, edil de Educación e Axenda Urbana, cos catedráticos das Universidades de Santiago de Compostela, Rubén C. Lois, e da Universidade do Porto, Jose Alberto Rio Fernándes. O programa definitivo, elaborado por poñentes da universidade galega e a portuguesa, elaborarase durante este mes de xaneiro.

O Observatorio Municipal de Educación, creado en 2016, ten realizado distintos estudos e informes da xestión sostible en Ames. Teñen colaborado tantoa USC como a Universidade de Vigo.