AMES ACOLLERÁ A DÉCIMO SEGUNDA EDICIÓN DO FESTIVAL DE MAXIA DO 23 AO 29 DE OUTUBRO

627

O Festival de Maxia de Ames volve ós centros de ensino e á casa da cultura do Milladoiro e rematará cunha gran gala máxica internacional

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu esta mañá a presentación do XII Festival de Maxia de Ames, que se vai desenvolver do 23 ao 29 de outubro nos centros de ensino e na Casa da Cultura do Milladoiro. Este ano como novidades haberá un espectáculo de maxia infantil para nenos/as de 0 a 3 anos e outro para rapaces e rapazas de 3 a 6 anos. Ademais, ao igual que o ano pasado haberá tres pases da gala máxica internacional aos que poderán acudir preto de 450 persoas. Este festival está organizado polo Concello de Ames e conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Compartir
Artículo anterior21 – O Festa do Millo en Ames
Artículo siguiente“A CORDA” ABRE A VII MOSTRA DE TEATRO DE AMES
AMSGO! tráeche a información local do máis preto de ti. Temos soporte online e unha publicación mensual física que repartimos de balde nos negocios, prazas e rúas de Ames.