Ames acolleu o Campionato de España absoluto de Squash

63

As instalacións do Squash Club Santiago do Milladoiro acolleron as finais do Campionato de España absoluto de squash, nas que se proclamaron gañadores/as; a galega Marta Domínguez, na categoría feminina, e mailo catalán Iker Pajares, na categoría masculina. O alcalde de Ames, Blas García, e mailo concelleiro de Urbanismo, Administración xeral e Mobilidade, Víctor Fernández, asistiron ás finais de dito campionato e ao acto de entrega de premios.