Ames afronta un Nadal diferente con ata 70 actividades

563

Nun Nadal distinto a causa da pandemia, o Concello apostou por manter o espírito das datas adaptado a un novo formato. Ata 70 actividades realizaranse por todo o municipio ata o vindeiro 5 de xaneiro, cunha programación que xa arrincou esta mañá coa inauguración da Árbore dos bos desexos. Tamén os #Dixicontos das Bibliotecas Municipais arrincaron hoxe, con contos infantís online a cargo das animadoras á lectura das bibliotecas, Bibiana Calvo e Divina Fernández.

Na presentación do programa de Nadal, o alcalde, José Miñones, sinalou que se aplicarán protocolos de seguridade en todas as actuacións e será necesaria a reserva de praza e o respecto da capacidade máxima de cada actividade. A maioría de iniciativas transcorrerán logo do día 18, e o alcalde convidou á veciñanza a participar para “seguir mantendo vivo” o municipio nestas datas. 

A concelleira de Cultura, Natividade González, destacou “a extensa e intensa programación de Nadal que inclúe diferentes actividades e eventos ao longo das próximas semanas”. Destacou algunhas das actividades que se van levar a cabo como os concertos, espectáculos de teatro e maxia. Salientou tamén que o Concello reprogramou para o Nadal actividades do primeiro semestre do ano que a COVID-19 impediu levar a cabo no seu día.  “Queremos que os veciños e veciñas de Ames gocen do ocio e da cultura, pero que non se esquezan de facelo con prudencia e responsabilidade”, resumiu.

A concelleira de promoción Económica, Ana Belén Paz, explicou que “a través de dita programación trátase de dinamizar o comercio local, sempre adaptándose á normativa sanitaria en vigor.” 

Papá Noel, Apalpador e os Reis
Os personaxes de Nadal máis queridos polos nenos tamén volverán este ano. O día 11, o Apalpador visitará o patio do Pazo da Peregrina. ‘A Casa de Papá Noel’ será unha actividade que transcorra os días 22, 23 e 24 nas bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns. 

Os Reis Magos visitarán os pavillóns polideportivos de Bertamiráns e do Milladoiro do 3 ao 5 de xaneiro, en horario extendido este último día. 

Unha programación variada
Hoxe, 9 de decembro, a rapazada de Ames poderá desfrutar, a través da páxina de Facebook da biblioteca, da narración de “Rato moi alto e rato moi baixo. Contos de ratiños”. O mércores 16, será a quenda de “A cenoria xigante” e o día 23 de decembro, lerase “A máscara do león”. Para despedir o mes, as animadoras narrarán o conto infantil “O abeto” e, pechando a programación, o martes 5 de xaneiro o libro protagonista será “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”.

O venres 18 e o sábado 19 de decembro realizarase o obradoiro infantil “Creacontos”. O venres terá lugar na biblioteca de Bertamiráns ás 17:00 horas e, o sábado, na do Milladoiro ás 11.00 horas. O luns 21 de decembro organízase “Decora o teu Nadal”, un taller que se levará na Biblioteca de Bertamiráns e, o martes 22, repítese na do Milladoiro. As dúas sesións serán ás 17:00 horas. Para todos os obradoiros, ao ser presenciais, é preciso inscribirse previamente.

O público adulto tamén terá actividades durante este Nadal. A primeira é a sesión de #Dixicontos o xoves 10 de decembro a través da páxina de Facebook da biblioteca. Vero Rilo organiza este contacontos da obra “Arrolando as flores”, unha selección de historias de vida que teñen como protagonistas a mulleres anónimas.

O venres 11, na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 20.00 horas, organizarase “Vértice de Versos”, unha proxección do documental acompañada dunha charla coloquio con Emma Pedreira. Para asistir é preciso reservar os convites premendo nesta ligazón.

O mesmo día, actuará Milladoiro. Este evento musical terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20.30 horas.

Na fin de semana a actividade cultural non cesa. Ás 10.00 horas do sábado 12 convócase una recollida de lixo baixo o nome “Basuraleza: 1m pola contorna”. O punto de encontro será na praza do Concello e precísase inscrición previa enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Para os adultos que prefiran a lectura, haberá o obradoiro “Os contos a debate”. Esta actividade terá lugar na biblioteca de Bertamiráns, ás 11.00 horas, o sábado 12 de decembro. Para acudir é preciso inscribirse previamente.

Pola tarde, será a quenda de Vero Rilo coa súa sesión de #Dixicontos a través da páxina de Facebook da biblioteca. Narrarase a obra “Arrolando as flores”, unha selección de historias de vida que teñen como protagonistas a mulleres anónimas.

Por último, durante todo o sábado, de 16.00 a 19.00 horas, poderase acudir ao Mercado do troco solidario na Casa da Cultura de Bertamiráns.

A programación cultural continúa o xoves 17 con Caxoto contacontos. “Un corazón a flor de pel” é unha sesión de dirixida á rapazada maior de 4 anos. A actividade realizarase no Pazo da Peregrina ás 18.00horas e é preciso inscribirse do 9 ao 16 de decembro en normalizacion@concellodeames.gal.

O venres 18 comeza, ás 17.00 horas, co obradoiro infantil creacontos, na biblioteca de Bertamiráns.

A mocidade, de 12 a 16 anos, tamén poderá desfrutar co Scape Room en directo: Conexión Entrante. Esta actividade realízase vía streaming, das 19:00 ás 20:30 horas. As prazas son limitadas e por orde de inscrición (do 10 ao 16 de decembro).

Ás 20.00 horas celébrase a Gala entrega de premios I Certame Galetiktokers, na Casa da Cultura do Milladoiro. Para despedir o venres, o público adulto ten cita coa compañía Talía Teatro, que representa a súa obra Vida de Cans na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 20:30 horas. As entradas están á venda na billeteira.

O sábado 19 de decembro a Aula da Natureza organiza unha Ruta de Inverno, un paseo de Natureza. As saídas en autobús están previstas para as 09:45 horas na Casa da Cultura do Milladoiro e as 10:00 na praza do Concello en Bertamiráns. Regresarase sobre as 14:00 horas á praza do Concello e ás 14:15h, na Casa da Cultura do Milladoiro. Precísase inscrición previa enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Ademais, continuará a sesión de Scape Room en directo: Isto non é un xogo, vía streaming. Os mozos e mozas de 17 anos en diante poderán participar nesta actividade de 19:00 a 20:30 horas. As prazas son limitadas por orde de inscrición (do 10 ao 16 de decembro).

As persoas amantes do xadrez tamén teñen una cita este sábado xa que se celebra o Torneo de Nadal de Xadrez por equipos. Virtualmente, será de 20:30 a 21:30 horas. Para máis información ou inscribirse, débese chamar ao 633 447 674 ata o 16 de decembro.

Co comezo do inverno, o 21 de decembro, comezan os obradoiros organizados pola Concellería de Promoción Económica. O obradoiro de Candeas terá lugar no local Biosbardos, na Rúa do Rueiro de Bertamiráns de 10:00 a 12:00 horas. Tamén estará no local de Retumban Risas, no Milladoiro, de 17:00 A 19:00 horas.

Outra das actividade de Promoción Económica é o obradoiro de “Menú Noite Boa”, que se celebrará no local Dos Pasos, en Bertamiráns, de 18:30 a 20:30 horas.

O luns 21 tamén haberá espazo para a maxia co espectáculo a cargo de Dani Polo. O evento celebrarase na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 18.00 horas. Está dirixido a un público infantil. Débese inscribirse do 11 ao 18 de decembro en normalizacion@concellodeames.gal

O martes 22 de decembro vólvense a organizar o obradoiro “Menú de Noite Boa”, no local de Retumban Risas, de 10.00 a 12.00 horas. O Obradoiro “Menú de Nadal” impartirase tamén nese local, de 12:30 a 14:30 horas, e no local Dos Pasos, de 17.00 a 19.00 horas. Para participar nestes obradoiro hai que inscribirse previamente cubrindo un impreso que se pode atopar na web municipal. Existe un impreso para os nenos e nenas e outro impreso para que os adultos fagan a inscrición. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal”.

O martes 22 e o mércores 23 haberá un obradoiro de programación e electrónica para a mocidade maior de 12 anos, en Bertamiráns de 17:00h a 20:00h. A actividade repetirase o mércores. As prazas son limitadas por orde de inscrición (do 14 ao 18 de decembro).

O mércores 23, Fran Sieira Compañía de Danza, representa o espectáculo  para adultos “Entresoños” na Casa da Cultura do Milladoiro,  ás 20:30 horas. As entradas están á venda na billeteira.

O departamento de Promoción Económica continuará cos seus obradoiros. O mércores 23 desenvolverase o obradoiro “Adorno de fiestras” no local de Biosbardos, de 10:00 a 12:00 horas, para os menos e nenas de 4 a 12 anos.

O día 23 de decembro continúa cun obradoiro de galletas para adultos, no local Dos Pasos de 17:00 a 19:00 horas, e cun pasarrúas sorpresa no Milladoiro, de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas. Esta actividade repetirase o xoves 24 en Bertamiráns no mesmo horario.

O obradoiro de galletas impartirase o xoves 24, no Retumban Risas de 10:00 a 12:00 horas, e o sábado 26 . Ademais, realizarase tamén no Biosbardos, de 10.00 a 12.00 horas. O taller de adornar fiestras repítese o sábado 26 no Retumba Risas, 17:00 a 19:00 horas.

Por último, esta fin de semana de rematará co Torneo de Nadal de Xadrez virtual, ás 20.30 horas e cunha sesión de autocine. Este evento celebrarase no Milladoiro o sábado 26 e o domingo 27 de decembro ás 10:30/16:30/19:30 e 22:00 horas.

Do 28 ao 31,  semana os veciños e veciñas de Ames poderán participar nun obradoiro de linguaxe de signos o luns no local Biosbardos, de 10:00 a 12:00 horas, e no Retumban Risas, de horario de tarde. As prazas son limitadas por orde de inscrición ata o 22 de decembro promocioneconomica@concellodeames.gal.

Ademais, haberá un obradoiro de cotillón para nenos e nenas de 4 a 12 anos no Milladoiro. O luns estarán Pablo Díaz e Olga Kirk coa sesión Cantos de Nadal con Cantos de Nadal con Apego, na Casa da Cultura do Milladoiro, 18.00 horas.

Os días 28 e 29, impartirase un obradoiro de deseño 3D en Bertamiráns, de 10:00h a 13:00 horas. Está dirixidos a mozos maiores de 12 anos. As prazas son limitadas por orde de inscrición (do 14 ao 18 de decembro).

Do luns 28 ata o mércores 30 están previstas unhas pequenas rutas e obradoiros de natureza para menos e nenas de 6 a 14 anos. Terán lugar na Aula da Natureza das 10:00 ás 17:00 horas.

O martes 29 organízase o obradoiro Menú de Fin de Ano no local Dos Pasos, de 10:00 a 12:00 horas, e no Retumban Risas, pola tarde. Ademais, haberá o obradoiro infantil de Cotillón, no local Biosbardos ás 17.00 horas.

O mércores 30 impartirase un obradoiro de Papiroflexia, una sesión no local Dos Pasos, de 10:00 a 12:00 horas, e no Retumba Risas pola tarde, para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Tamén están previstos dous talleres de maxia para o público infantil e nos mesmos locais que os anteriores.

Por último, o xoves 31 de decembro terá lugar na praza Do concello, de 11.00 a 13.00 horas, a sesión Prebadaladas, dirixido a un público infantil familiar. Débese reservar praza.