Ames celebra mañá o Día das Letras Galegas en Milladoiro

O Concello de Ames ten preparado un acto literario-musical para o día anterior ao das Letras Galegas, o martes 16 de maio.

669

Este ano como novidade os rapaces e rapazas gañadores/as do certame intercentros lerán os seus traballos nos que escribiron un final diferente do conto A Galiña Azul, de Carlos Casares.

O Concello de Ames ten preparado un acto literario-musical para o día anterior ao das Letras Galegas, o martes 16 de maio. O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro será o epicentro da celebración deste evento que comezará a partir das 20:00 horas. Neste acto actuará a Escola Municipal de Música de Ames e mais o grupo de pandereteiras As Maianas. Ademais, entregaranse os premios do XIV Certame Literario de narrativa e poesía e do IX Certame Artístico-Literario Intercentros. Este ano como novidade os rapaces e rapazas gañadores/as do certame intercentros lerán os seus traballos nos que escribiron un final diferente do conto A Galiña Azul, de Carlos Casares.

Por outra banda, este ano o Concello de Ames puxo en marcha unha nova iniciativa con motivo da Semana das Letras e convidou ás librarías de Bertamiráns e do Milladoiro a encher os escaparates con libros en galego, prestándolle especial atención ás novidades na nosa lingua para todas as idades. Neste iniciativa participan as cinco librarías do concello (Lenda, Boas e Novas, e Mainomen, de Bertamiráns, e Nenos nais e O Tinteiro do Milladoiro). A través desta proposta, que se desenvolverá ao longo desta semana, preténdese difundir o libro en galego e fomentar a súa lectura.