Ames colabora coa campaña solidaria da Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos

492

Ames acadou 43 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2016

O Concello de Ames e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) impulsan de novo a participación nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes. A unidade móbil de doazón estará os días 17 e 18 de agosto no Milladoiro e os días 24 e 25 en Bertamiráns.

Ames acadou 43 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2016 e o obxectivo é manter este elevado nivel de solidariedade, por riba das cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por 1.000 habitantes).

Para pode colaborar coa campaña #súmatedoasangue unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) acudirá o xoves 17 e mailo venres, 18 de agosto, ao Milladoiro. O vehículo estacionará na rúa da Curuxa (ao carón de Supermercados El Árbol) en horario e 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas.

Ademais, o xoves 24 e o venres 25 de agosto, a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará estacionada na avenida da Maía, ao carón da praza da Maía, en horario de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Lémbrase que se deberá acudir en posesión da tarxeta de doante ou do DNI ou un documento identificativo similar.