Ames compite na categoría ‘Pueblo Tecnológico’ dos Premios Pueblo del Año Galicia

115

O Concello de Ames é un dos catro finalistas nos Premios Pueblo del Año Galicia na categoría de Pueblo Tecnológico. Este certame é unha iniciativa do grupo Prensa Ibérica e pretende visibilizar, coidar e impulsar o rural e as vilas españolas. Ames compite con Salceda de Caselas (Pontevedra), San Xoán de Río (Ourense) e As pontes de García Rodríguez (A Coruña).

Os organizadores do certame lembran que un terzo das e dos amesáns traballan no sector servizos e que Ames acolle 1.000 microempresas, 40 PEMES de menos de 250 traballadores e arredor dun milleiro de establecementos. Simultaneamente, recoñecen que o concello mantén parte da economía tradicional, con 229 explotacións de gando que xuntan 1.600 reses.

Lembran tamén dende a organización que o parque empresarial NovoMilladoiro é un importante centro económico que, tras 20 anos de funcionamento, xunta boa parte do tecido empresarial local nos seus 323.000 metros cadrados. Hoxe hai 124 empresas neste polígono, en boa medida relacionadas coas novas tecnoloxías, a informática e o audiovisual.

Logo dunha primeira rolda de presentación de candidaturas, un grupo de expertos conformado por Santos Héctor (Deputación de Pontevedra), César Fernández (Deputación de Ourense), Manuel vázquez (Deputación da Coruña) e unha representante da FEGAMP, escolleron as vilas finalistas de cada categoría.

Os galardóns escollerán “Pueblo Agrícola”, “Pueblo Tecnológico”, “Pueblo Cultural” e “Pueblo Marítimo”. Mesía compite na súa categoría con poboacións como Trascastro (O Incio), A Veiga (Ourense) e Meixide (A Veiga).

Hoxe abre o prazo para votar. Pódese facer nesta ligazón.