Ames conta con dez locais sociais a disposición das asociacións

287

A Concellaría de Cultura recorda aos veciños e veciñas de Ames que toda asociación do Concello que o precise poderá reservar algún dos dez locais sociais. Estes locais municipais están sociais situados nas parroquias de Biduído, Ortoño (Torroeira), Lens, Transmonte, Augapesada, Cruxeiras, Ameixenda, Agrón e Piñeiro. Ademais, cóntase co local da Factoría para que os músicos e músicas de Ames ensaien. Todos eles poden ser reservados polas asociacións do Concello que precisen das instalacións para desenvolver as súas actividades. Para reservas, enviar un email a administracion.cultura@concellodeames.gal.