Ames deberá devolver o IBI

307

Logo de coñecer a resolución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na que se desestima o recurso de apelación do Concello de Ames contra sentenza do 22 de setembro de 2020, ditada polo Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, no procedemento de protección do recursos fundamentais presentada polos concelleiros e concelleiras do Partido Popular de Ames ante a convocatoria do Pleno Extraordinario e Urxente de data 28 de decembro de 2019, o Goberno amesá manifesta unha vez máis o seu respecto aos tribunais e as súas resolucións xudiciais. O Goberno informa que durante os vindeiros días analizarse en profundidade dita sentenza cos servizos xurídicos municipais, de cara a ver as distintas repercusións que terá nos orzamentos municipais do ano 2021, así como a viabilidade dun posible recurso de casación ante o Tribunal Supremo.