Ames destina 25.000 euros a festas e actividades populares

227

O Concello de Ames repartirá 25.000 euros entre asociacións do concello para a promoción de festas e actividades de carácter popular, tal como acordou a semana pasada a Xunta de Goberno. As entidades beneficiadas son a Asociación Sociocultural Mulleres de San Xoán de Ortoño, con 3.773 euros; a Asociación Cultural e de Festexos Santa María de Biduído, con 2.227 euros; a Asociación de Veciños San Pedro de Bugallido, con 2.000 euros; e a Asociación Cultural Comisión de Festas de San Lourenzo de Agrón, con 1.000 euros.

Tamén recibiron a subvención a Asociación Cultural de Ames, con 2.000 euros; a Asociación Festas do Milladoiro, con 6.500 euros; a Asociación Cultural e Festexos Virxe da Peregrina, con 6.500 euros, e a Asociación Recreativo Cultural de Ameixenda, con 1.000 euros.

Esta liña de axudas procura favorecer a existencia dunha programación festiva estable en Ames, na que a veciñanza participe de forma activa e se preserven as tradicións. Tamén dinamizar as parroquias e difundir a imaxe do municipio.