Ames en Festas. A Peregrina en Bertamiráns

128

A troula comeza mañá, martes 9 de agosto, coa actuación para o público infantil e familiar de Marifaltri no parque do Ameneiral, ás 19:30 horas. Este espectáculo forma parte da programación da Concellaría de Promoción Económica “AmesON de verán”.

mércores 10 comezará a música e a verbena, co concerto do grupo Factoría de Subsistencia na praza da Maía, ás 20:30 horas, e coa actuación da orquestra Olympus no campo da festa da Peregrina, ás 23:00 horas. Ambas propostas están organizadas polo Concello de Ames.

Na mesma liña continuarán as festas o xoves 11, un día que arrincará cuns inchables acuáticos no parque do Ameneiral, instalados pola Concellaría de Deportes de 16:30 a 20:30 horas. A música e a verbena chegarán a partir do serán, con dúas actuacións organizadas polo Concello de Ames. Ás 20:30 horas será a quenda do grupo A Banda da Loba, cun concerto na praza da Maía, que deixará paso a unha nova noite de verbena coa orquestra Gran Parada, ás 23:00 horas no campo da festa da Peregrina.

venres 12 a noite arrincará cun dos concertos de maior importancia do programa Ames Cultural da Concellaría de Cultura, a actuación de SÉS no parque do Ameneiral, ás 22:00 horas. A continuación haberá verbena da man da comisión de festas da Peregrina, coa orquestra Metrópolis e a disco móbil Atempo e DJ Ianis, a partir das 23:00 horas no campo da festa da Peregrina.

sábado 13 haberá de novo un concerto e verbena. Ás 21:00 horas actuará o grupo Los Jinetes del Trópico no parque do Ameneiral, dentro do programa “AmesON de verán” da Concellaría de Promoción Económica. Neste penúltimo día de verbena, a comisión de festas da Peregrina ofrecerá as actuacións da orquestra Finisterre e da disco móbil Eme Music, de novo ás 23:00 horas no campo da festa da Peregrina.

Para poñer fin aos once días de festa nas dúas vilas do concello, o domingo 14 contará cunha sesión vermú do grupo Estudio, ás 14:00 horas no campo da festa da Peregrina, da man da comisión de festas. O programa “AmesON de verán” da Concellaría de Promoción Económica volverá coa actuación do grupo Tinta, ás 21:00 horas no parque do Ameneiral. Por último, o grupo Estudio e a disco móbil Impactopecharán as festas, a partir das 23:00 horas no campo da festa da Peregrina, coa organización da comisión.