Ames homenaxea a Fernando Seoane cun partido ante o CD Lugo este domingo 14

189

Fernando Seoane, veciño de Tapia e segundo xogador con máis partidos disputados na Segunda División de fútbol foi recibido no Concello de Ames pola Corporación Municipal como recoñecemento a súa longa e exitosa traxectoria. A homenaxe a Fernando Seoane continuará este domingo, 14 de agosto, ás 19:00 horas cun partido que se vai disputar no campo de fútbol de Bertamiráns no marco das festas da Peregrina. Este partido homenaxe enfrontará ao CD Lugo, o último club en que xogou Fernando Seoane, e a unha selección de Ames formada por amigos e antigos compañeiros do homenaxeado. A entrada para asistir ao partido é de balde.