Ames mira as estrelas co programa TODOCOSMOS

O obxectivo do programa TODOSCOSMOS pretende a realización de actividades de divulgación astronómico entre a cidadanía.

518

O obxectivo do programa TODOSCOSMOS pretende a realización de actividades de divulgación astronómico entre a cidadanía

O vindeiro venres, 21 de xullo, haberá unha nova noite de astronomía da man do programa TODOCOSMOS. Será no Alto do San Marcos (na estrada a Ameixenda), entre as 22:30h e a 1:00h. Para achegarse ata alí, haberá servizo de autobuses tanto desde Milladoiro como desde Bertamiráns. Recoméndase levar roupa de abrigo e unha lanterna.

O programa TODOCOSMOS, A astronomía ao alcance de todos, é unha iniciativa organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela, cuxo obxectivo é a realización de actividades de divulgación astronómico en varios concellos de Galicia. As súas actividades están pensadas para todas as idades e contan sempre coa colaboración dos Concellos participantes.

Alén de Ames, tamén participan desta iniciativa os Concellos de Padrón, Teo, Ordes, Porto do Son, Vilar de Santos, Ribadeo, Vila de Cruces, Valdoviño, Oroso, Outeiro de Rei, Lalín, Rianxo, Boqueixón, Noia, Sanxenxo, Allariz e Barbadás. Este venres, será a quenda das veciñas e veciños de Ames que, durante esa noite, terán a oportunidade de coñecer o mundo da astronomía.

Para achegarse ata o Alto do San Marcos haberá servizo de autobuses. No Milladoiro, o autobús sairá da Casa da Cultura ás 21:30 horas e en Bertamiráns farao ás 21:45 desde a Praza do Concello. A volta está prevista para a 1:00h, ao remate da actividade.