Éxito do deporte xuvenil de Ames no Campionato Galego de Atletismo

Ames conseguiu 16 medallas nos Campionatos Galegos de Atletismo que se disputaron en Pontevedra nas categorías SUB 14 e SUB 16. Ata 27 atletas representaron á localidade con notable éxito. Ames Atletismo compareceu con catro atletas e logrou catro medallas na súa segunda tempada de vida. As outras doce medallas conseguíronse entre 23 atletas do club MillaRaio. 

Ames atletismo presentou o sábado, na categoría Sub 16, a Mario Vilar que participaba en dúas probas, lanzamento de disco e salto de lonxitude logrando o bronce en ambas probas cunha fantástica actuación. Nesta mesma categoría, Mateo Posse lograba o subcampionato galego no lanzamento de xavelina mellorando a súa marca en 11 metros.

Na xornada do domingo, en lanzamento de xavelina, Gonzalo Aguín debutaba na especialidade cunha meritoria actuación e, no lanzamento de martelo, Bruno García debutou proclamándose subcampión galego.  

No Club Atletismo MillaRaio destaca a actuación de Daniel Cariñena, que recolleu dous ouros  e se proclamou así campión galego dos 100m e de lanzamento de disco sub16. Dúas pratas obtivo David Moreno en 3000m marcha e salto con pértega sub14, sendo Pablo Cariñena prata en disco sub14 e bronce nos 80m, e Nuno Castro bronce en xavelina e salto de lonxitude. Alejandro Jiménez foi bronce en 300m (e terceiro na súa semifinal dos 100m sub16), Alfonso Labella bronce en xavelina e 5º en martelo sub16, Pablo Leiva bronce en lanzamento de peso sub14 e 6º na súa semifinal de 80m, e Nadir Moreira bronce en 3000m marcha e 6º en xavelina sub14.

Na categoría sub16 participaron ademais David García (4º en altura e 5º en triple salto), Salomé Segade (4ª en 3000m marcha), Valeria Batire Guridi (4ª en 3000m), Asier Cabo (4º en lonxitude e desafortunadamente sen marca no triple salto), Álvaro Francos (4º en pértega e 6º na semifinal dos 100m valos), Noel Ferraces (5º en lonxitude e 7º na semifinal de 100m valos), Matías Barca (6º en 100m e 7º en 100m valos), Lucas Dagnac (7º en 1500 obstáculos e 8º na semifinal de 100m valos), Ángela Eiras (5ª na semifinal de 100m e 8ª en triple salto), Pablo Crespo (6º na semifinal de 100m e 7º na semifinal de 100m valos), Noa Piñeiro (7ª na súa serie de 1000m) e Daniel Bouzas (8º en lanzamento de peso).

Na categoría sub14 competiron tamén Laura Sanz (3º na súa serie en 80m e 8ª en lanzamento de peso), Carlos Álvarez (3º na súa serie en 80m) e Jorge García (4º na súa serie de 80m).

Salientan tamén as dúas medallas do atleta sub14 Álex Cabo, que aínda non ten licenza polo club pero xa adestra co MillaRaio desde setembro. Foi ouro e campión galego en peso e bronce nos 150m.