Ames Novo demanda ao Goberno a constitución da comisión da Renda Municipal de Garantía Básica

AN afirme que é preciso constituír unha Comisión Técnica integrada por ambas partes e coa participación de técnicos de Servizos Sociais.

478
ames-novo-orzamentos-acordo-goberno

Ames Novo reitera a urxencia da medida xa que vai supor a garantía duns recursos mínimos de subsistencia para os veciños e veciñas

Está mañá o grupo municipal Ames Novo rexistrou unha solicitude onde se demanda ao Goberno de Ames o cumprimento dos acordos aos que chegaron para a aprobación dos orzamentos municipais de 2017, concretamente en relación á Renda Municipal de Garantía Básica e Rescate Social. Solicitouse a constitución con carácter de urxencia da Comisión Técnica para a elaboración da ordenanza desta renda que foi incorporada aos orzamentos de 2017.

Como recolle o documento asinado co Goberno, AN reocorda que “é preciso constituír unha Comisión Técnica integrada por ambas partes, e coa participación de técnicos de Servizos Sociais, para a a elaboración da ordenanza de Renda Municipal de Garantía Básica e Rescate Social, que debe entrar en vigor non máis tarde do mes de setembro próximo”.

Reiteran a urxencia da medida xa que vai supor a garantía duns recursos mínimos de subsistencia para as persoas de Ames e que vai axudar a paliar situacións temporais de necesidade que poidan estar a atrevesar a veciñanza.