Ames Novo levará a pleno unha proposta sobre Compra Pública Socialmente Responsable

450

A formación política pensa que nas compras feitas polo concello non debe primar a cuestión económica

Ames Novo leva ao pleno do mes de setembro, que se celebrará o próximo xoves 28, unha proposta de Compra Pública Socialmente Responsable, entendida como intervención económica, social e política na contorna sempre co horizonte da sustentabilidade.

A formación política pensa que nas compras feitas polo concello, máis de 10 millóns de euros ao ano, non debe primar a cuestión económica senón que debe pensar en termos de sustentabilidade e responsabilidade por e para os veciños e veciñas de Ames.

Presentan esta proposta para debate e así poder aprobar un marco normativo no que se debe guiar o concello na base das súas compras.