As achegas econónicas da Deputación están destinadas a que os centros de traballo integrantes da Rede conten con asistencias técnicas especializadas na xestión deste tipo de centros, contribúe á súa dinamización sufragando os custos funcionamento ou compras de bens destinados á actividade, así como contando con servizos de profesionais independentes para desenvolver actividades formativas e eventos.
“A Rede Provincial de Coworking é unha das apostas da Deputación para impulsar o emprego e o emprendemento e dar novas oportunidades de futuro ao rural. Os centros teñen un marcado carácter comarcal e a súa finalidade é axudar a desenvolver sectores produtivos e profesionais específicos en cada zona”, afirmou o presidente, Valentín González Formoso, que destacou que “o noso obxectivo é apoiar o talento da nosa xente moza para que poda desenvolver aquí as súas ideas, acompañando e titorizando a posta en marcha dos seus proxectos, prestándolles servizos e facilitando que compartan experiencias e recursos”, apuntou.
Estas axudas tramitanse en réxime de concorrencia non competitiva, é dicir, soamente son destinatarios/as das subvencións as entidades sen ánimo de lucro e concellos que xa conten con centros de coworking adheridos á Rede provincial.
Un total de nove espazos de traballo colaborativo dos once cos que conta a Deputación na provincia recibirán subvencións por un total de 211.051,56 euros. As axudas solicitadas oscilan entre os 11.200 euros e os 29.750 euros. Ames percibe 23.958,57 euros.
ANEXO: SUBVENCIÓNS PEL-REDE COWORKING 2024 CONCEDIDAS
Interesado | Concello | Coworking | Subvención concedida |
Concello da Pobra do Caramiñal | Pobra do Caramiñal, A | Coworking A Pobra | 19.481,00 € |
Concello da Capela | Capela, A | Coworking A Capela | 24.791,69 € |
Concello de Brión | Brión | Transformando en Brión | 29.750,00 € |
Asociación de Empresarios Seara | Pontes de García Rodríguez, As | Green Coworking | 11.200,00 € |
Concello De Vedra | Vedra | Centro de emprendemento A Estación | 29.750,00 € |
Cámara Oficial de Comercio Industria Servicios y Navegación de Santiago de Compostela | Santiago de compostela | Coworking Dixital Ccompostela | 29.750,00 € |
Concello de Boiro | Boiro | LAB Barbanza | 12.620,30 € |
Concello de Ames | Ames | Espazo A Proa | 23.958,57 € |
Concello de Moeche | Moeche | Centro de desenvolvemento comarcal A Fusquenlla | 29.750,00 € |
TOTAL | 211.051,56 € |