Ames recolle a súa memoria fotográfica en “Ames. Unha parroquia, un concello”

173

A asociación veciñal Pedra do Fuso e mais o Concello de Ames colaboran no proxecto “Ames. Unha parroquia, un concello”, que editará un libro de fotografías antigas do municipio. A asociación encargouse da recollida e documentación do material, xuntando máis de 200 pezas gráficas.

Este libro, que funcionará como un elemento de preservación da memoria colectiva, contará cunha peza audiovisual sobre o cronista oficial do Concello de Ames, Maximino Viaño, quen ademais redactará o prólogo. Viaño recibiu no ano 2020 a medalla do Concello de Ames.

A Deputación colaborará economicamente na edición do libro, tal e como se acordou na xuntanza que o concelleiro de Patrimonio Histórico David Santomil e o presidente da Pedra do Fuso, Alfredo Sánchez, mantiveron o pasado mes de marzo co vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira e co deputado de Patrimonio, Xosé Penas.