Ames segue implantando a Administración Electrónica

O Concello de Ames avanza na implantación da Administración electrónica que implica unha maior eficacia, innovación e modernización.

444

O proxecto pretende ademais prestar uns servizos públicos de maior calidade ao cidadán, a empresas e colectivos especiais

O Concello de Ames atópase inmerso nun proceso de modernización e mellora dos seus sistemas e aplicacións informáticas, cuxo obxecto é modernizar e mellorar a xestión municipal, aplicando as novas tecnoloxías da información e comunicación. O proxecto pretende ademais prestar uns servizos públicos de maior calidade ao cidadán, a empresas e colectivos especiais. Dentro deste plan atópase a instalación da Administración electrónica, proceso no que se está traballando a través de dúas fases de implantación de novos procedementos dixitais.

A e-Administración ou Administración electrónica fai referencia á incorporación das tecnoloxías da información e as comunicacións nas administracións públicas en dúas vertentes. Primeiro dende un punto de vista intraorganizativo; transformando as oficinas tradicionais e convertendo os procesos en papel en procesos electrónicos, co fin de crear unha oficina sen papeis. A segunda é dende unha perspectiva das relacións externas; para habilitar a vía electrónica como un novo medio para a relación co cidadán e empresas. É unha ferramenta cun elevado potencial de mellora da produtividade e simplificación dos diferentes procesos do día a día que se dan nas diferentes organizacións.

José Miñones explica que “os avances incorporados nestes meses veranse incrementados en breve e levarán un investimento paralelo en equipamentos”

A e-Administración ou Administración electrónica fai referencia á incorporación das tecnoloxías da información e as comunicacións nas administracións públicas en dúas vertentes. Primeiro dende un punto de vista intraorganizativo; transformando as oficinas tradicionais e convertendo os procesos en papel en procesos electrónicos, co fin de crear unha oficina sen papeis. A segunda é dende unha perspectiva das relacións externas; para habilitar a vía electrónica como un novo medio para a relación co cidadán e empresas. É unha ferramenta cun elevado potencial de mellora da produtividade e simplificación dos diferentes procesos do día a día que se dan nas diferentes organizacións.

Ademais, existe o nodo de interoperabilidade PasaXe! que permite avanzar na interoperabilidade co obxectivo de reducir as cargas administrativas que soportan os cidadáns e as empresas galegas, así como incrementar a colaboración inter-administrativa. En concreto permite acceder aos servizos do nodo de intermediación da Administración Xeral do Estado (Catastro, AEAT, DNI-Policía, Seguridade Social, etc). Tamén pon a disposición de calquera administración pública datos xerados pola Xunta de Galicia (familia numerosa, discapacidade, etc).

O alcalde e concelleiro de novas tecnoloxías, José Miñones, explica que “os avances incorporados nestes meses veranse incrementados en breve e levarán un investimento paralelo en equipamentos. Con todo esperamos poder conseguir en breve incorporar novos procedementos electrónicos para a cidadanía que posibiliten a relación co Concello dende as súas casas”.