Ames suma tres novos casos de COVID-19

271

O Concello actualizou hoxe os datos de positivos por COVID-19 no municipio, que chega aos 215 casos. Son tres máis que o pasado venres. A incidencia acumulada supera amplamente os 250 casos por cada 100.000 habitantes, superando os 680 por cada 100.000.

Dende o Concello de Ames volve facerse un chamamento ao autoconfinamento e solicítaselle á veciñanza, que limite toda saída do fogar que non sexa imprescindible, nin fagan desprazamentos fóra do concello, salvo aqueles que sexan necesarios e debidamente xustificados, limitando así ao máximo á súa vida social. 

Compartir
Artículo anterior
Artículo siguienteAmes sinala ás parcelas sen limpar
AMSGO! tráeche a información local do máis preto de ti. Temos soporte online e unha publicación mensual física que repartimos de balde nos negocios, prazas e rúas de Ames.