Ames viste as cores do orgullo

68

As rúas de Ames vestiron as cores do arco da vella en conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+, que se celebra hoxe. A homenaxe nas rúas acompáñase dun reparto de bandeirolas e pulseiras conmemorativas, co obxectivo de encher os espazos públicos de reivindicacións a prol da igualdade.

Ademais, anímase á veciñanza a fotografiarse coas diferentes bandeiras reivindicativas e a compartir os retratos nas redes sociais co cancelo #AmesEnIgualdade.