A amesá Nuria Rábano convocada pola Selección Sub-19 para os adestramentos

Nuria Rábano foi xogadora do Milladoiro SD e foi convocada anteriormente pola selección de fútbol en outras competicións

A amesá, Nuria Rábano, foi convocada pola Federación Española de Fútbol para os adestramentos que terán lugar en Madrid dende o día 15 ata o 17 de maio. Esta convocatoria responde á preparación física das xogadoras para a clasificación que se celebrará en Hungría do 26 ao 31 de maio contra Hungría, Bélxica e Rusia, para poder asistir ao Europeo-17 en Irlanda do Norte entre o 8 e o 20 de agosto deste mesmo ano.

Nuria Rábano foi xogadora do Milladoiro SD e foi convocada anteriormente pola selección de fútbol en outras competicións como Sub-17. Actualmente, forma parte da plantilla do Deportivo da Coruña como centrocampista e volve a ser chamada pola selección, nas mans de Pedro López, para os adestramentos e acadar a vitoria do equipo español.