AmesON dinamizará as rúas os próximos meses

370

Música, cine, literatura, teatro, obradoiros, xogos… preto de setenta actividades compoñen o programa “AmesON” co que as distintas concellerías xuntan forzas este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de verán. Cómpre salientar que moitos e moitas das artistas que desfilarán polo AmesON son veciños e veciñas de Ames. Dará comezo o xoves 16 de xullo coa actuación de Xoan Curiel no Milladoiro e a presentación do fotopoemario “Os exilios que somos” de Xabier Ron e Irene Tomé no Milladoiro. A programación espallarase polas rúas, as prazas, os parques e mesmo os escaparates de varios comercios de Ames cun investimento próximo aos 100.000 euros. O obxectivo é dinamizar os sectores culturais e comerciais de Ames e como peza de arranque do Plan Reactiva Ames, de reactivación económica e social do concello trala Covid-19. Listaxe completa das actividades do programa Ames On.

 Listaxe completa das actividades do programa Ames On.