Ampliarán e mellorarán a Casa da Cultura do Milladoiro

157

A Casa da Cultura do Milladoiro será obxecto de obras de ampliación para responder ás crecentes necesidades de espazo para as actividades que acolle. As obras incluirán a construción de novas estancias, a instalación dunha sala de lactancia e a creación dunha comunicación directa entre a rúa e o escenario. Tamén se mellorará a cafetería, incluíndo unha ampliación da terraza e a construción de aseos propios.

As obras de ampliación foron aprobadas pola Xunta de Goberno de Ames o pasado mes de outubro. Terán un custo de 265.000 euros.

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, indica que se trata dunha “obra moi necesaria” debido ás “numerosas actividades” diarias. “É necesario acondicionar e ampliar os locais existentes para, na medida do posible, dotarnos de novos espazos, xa que os que temos actualmente están moi demandados”, conclúe.