O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción da saúde, organiza para o vindeiro venres, 4 de setembro, a andaina de serán “Activa o teu Outono”. O punto de encontro para as persoas que participen nesta actividade será o Pazo da Peregrina, ás 19.30 horas
A ruta iniciarase e rematará cunha sesión do método Corpo e consciencia, impartida por Martha Franco, na que se darán pautas sobre respirar, automasaxe, estirar, tonificación, detoxinar e relaxación
Para participar nesta actividade gratuíta ofértanse 30 prazas. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal. As prazas cubriranse por orde de inscrición