Andaina polas fragas do Tambre este sábado

500

Baixo o título “Ruta de inverno”, a Aula da Natureza da Concellería de Transición Ecolóxica e Medio Rural organiza unha andaina o vindeiro sábado, 19 de decembro. Trátase dun percorrido de 5 quilómetros polas fragas do Tambre, unha actividade para todos os públicos que quere poñer en valor a importancia destes bosques de ribera, ecosistemas típicos de Galicia. os participantes coñecerán o bosque en inverno, a importancia da flora e fauna e os froitos que se poden apañar no inverno. 

A ruta prolongarase toda a mañá, con saída dende Lens e remate en Oca. 
Durante o percorrido, os guías Juanjo Blanco e Patricia Reboreda irán ensinándolle ás persoas participantes árbores propias da paisaxe como acevos ou ruscos.

O prazo para inscribirse pecha este venres 18 de decembro, ás 14h. Hai 20 prazas dispoñibles e para inscribirse hai que enviar un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal.

Haberá servizo de autobús ás 9:45h na Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10h na praza do Concello en Bertamiráns. Sobre as 14h volversa a Bertamiráns e as 14:15 ao Milladoiro.