A ANPA do IES do Milladoiro organiza unha charla sobre condutas adictivas

A ANPA do IES. do Milladoiro xunto coa colaboración do propio centro e do Concello de Ames, organizan unha charla sobre condutas adictivas no ámbito escolar.

819

Esta charla permite que os pais e nais tamén formen parte da prevención de condutas adictivas con ferramentas de educación

A ANPA do IES. do Milladoiro xunto coa colaboración do propio centro e do Concello de Ames, organizan unha charla sobre condutas adictivas no ámbito escolar. Esta xornada forma parte da iniciativa da Escola de Pais e Nais que está implantada no instituto da localidade. O acto será o luns 15 de maio ás 19:00 no Salón do Actos do IES. do Milladoiro.

As codutas adictivas tales como a drogodependencia, alcohol ou tabaco son asuntos de vital importancia en rapaces e rapazas que están a pasar a adolescencia. Unha etapa vital de desenvolvemento da personalidade do carácter dos mozos e mozas por iso deben de fomentar a educación neste campo para previr este tipo de comportamentos adictivos.

Esta charla permite que os pais e nais tamén formen parte desa prevención con instrumentos e ferramentas de educación que favorezan o desenrolo saudable dos menores e melloren ás relacións familiares.

A concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, destaca que “somos conscientes de que a prevención no ámbito escolar é a máis eficaz e necesaria para abordar precozmente as posibles dificultades inherentes a etapa da adolescencia e a pre-adolescencia. Deste xeito, o Concello de Ames, o IES do Milladoiro e a ANPA do instituto organizan para este luns esta actividade, aberta ao todos os públicos, para profundar nos obxectivos e metodoloxía desta nova iniciativa”.