Anuncian a mellora da rede de saneamento de Caroubáns

37

O Concello anunciou hoxe un importante investimento de mellora do saneamento no núcleo de Caroubáns (parroquia de Cobas). A Xunta de Goberno local aprobou a finais de decembro licitar un proxecto cun orzamento base de 124.536,48 €. A través deste proxecto, as augas residuais canalizaranse pola cuneta da estrada DP-023 ata un pozo na parte alta de Loureiros. Instalaranse 19 pozos de rexistro.

O proxecto inclúe ampliar un treito de 300 metros da rede. Reporase o pavimento de formigón en todo o núcleo de Caroubáns. Nunha lonxitude de 200 metros ó longo da estrada DP – 0203 disporase unha cuneta de seguridade de 2 metros de ancho en formigón. Tamén se executará unha nova soleira para albergar a marquesiña e os contedores do lixo.

As obras súmanse ás recentemente feitas en Bugallido, nos lugares de Guimaráns e Buceleiras. O alcalde, Blas garcía, destacou o investimento para achegar o saneamento a todos os núcleos.