‘Apaga o candil’ rescata a figura de Carlos ‘O Xestal’ este venres no Milladoiro

O auditorio da Casa de Cultura do Milladoiro acolle o vindeiro venres, 20 de outubro, a representación da obra teatral “Apaga o candil”, escrita e dirixida por Cándido Pazó. A peza achega ao público a figura de Carlos O Xestal, o contador, músico e activista. Os convites para o espectáculo xa se poden descargar de balde a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A obra recolle unha tipoloxía tradicional de historias frecuentes en Galicia: a da persoa que busca esquivar a morte que se lle achega como un personaxe máis para anunciarlle o seu fatídico destino. Tamén fai uso do humor para relativizar esta clase de narrativas.

Carlos Díaz, o Xestal, foi un dos humoristas máis populares en Galicia entre os anos 60 e 70. Éxito de vendas en casete, o Xestal sufriu represión durante o franquismo pola súa orientación sexual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *