Aprobada a pavimentación da estrada do Lombao

154

A Xunta de Goberno Local aprobou a finais de febreiro o expediente de contratación das obras de pavimentación da estrada do Lombao. O importe da obra será de 146.503,99 euros. O proxecto, que forma parte do POS+ 2022, contempla a mellora da capa de rodaxe do viario ao longo de 750 metros. Tamén inclúe a creación dunha senda peonil cunha lonxitude total de 390 metros e 1,80 metros de ancho medio, que irá pola marxe dereita da vía para darlle continuidade ás beirarrúas existentes. O proxecto recolle o arranxo da estrada que discorre entre o Lombao e a Ameixenda.